\ Cousas de Pikuelo
\ Internet
 7 COMENTARIOS
IE en caida libre
pikuelo o 12 de FEB do 2010
Pese a "obligación" de usar IE nos sistemas Windows (desgraciadamente seguen sendo maioritarios e aínda incluen IE "de serie"), o pésimo navegador de Microsoft segue caendo no número de usuarios. En xaneiro de 2010 a sua cota caeu ata o 62,1 % (un 7 % menos que na mesma data de 2009 e case un 20 % menos que hai dous anos!), segundo a web NetMarketShare. A segunda posición ocúpaa Firefox (24,5 %) e a terceira, a mais distancia, Chrome (5,2 %), que foi o navegador que máis creceu en usuarios durante o 2009.

Por moi sucio que xoguen con nos, a realidade é que non poden engañarnos e se non melloran drásticamente as prestacións de IE, seguirá perdendo clientes.
Voltar o Páxina Principal
Comentarios
carlos (febreiro 12, 2010)
Non me quero poñer dramatico, pero a estas alturas e so estamos o 24.5 % ... sera posible que aínda se sigua a utilizar un navegador tan merdento!!!
Pikuelo (febreiro 12, 2010)
Como? Moi sinnxelo. Solo hai que preguntarse canta xente usa güindous. Case estás obligado a telo. E a pesar de eso IE caeu do 95 ó 60 %. O milagroso é que Firefox teña unha cota dun cuarto do mercdo, sen estar asociado nen preinstalado nun SO!!! Fíxate en Safari, ou en Chrome (subida fortísima relacionada coa aparición dos netbooks, e asociado a ChormeOS, pronto vai se-lo segundo,me parece).
Pikuelo (febreiro 12, 2010)
Por certo que o gráfico non se pode ver porque andan a move-lo link, ou algo asi...
Pikuelo (febreiro 12, 2010)
...xa está o da imaxe...
Pikuelo (febreiro 12, 2010)
Por certo que nas estatísticas, TI pareces IE, pero Firefox vai gañando cota de mercado, hehehe!
Carlos (febreiro 12, 2010)
Nahh... agora mesmo cambia a cor das graficas, que cabrón o Pikuelo estas en todo !!
carlos (febreiro 12, 2010)
Estes son os porcentaxes de Uso por navegador de echeoquehai
Firefox --> 44.5 %
MS Internet Explorer --> 40.6 %
Aqui si que sabemos heheheh
Deixa un Comentario
|