ECHEOQUEHAI
INICIO | ARQUIVO | TWEETS | ESTATÍSTICAS | RSS | ADMIN
blog
\ Cousas de Pikuelo
Comentarios2 COMENTARIOS

Mac OS X "Snow Leopard", menos seguro que Windows 7

pikuelo o 21 de SET do 2009



A pesar do éxito que está supoñendo o lanzamento da nova versión de MAC OS X (Snow Leopard), os "expertos" sinalan que ten certas "carencias" (fallos na configuración do firewall, sen actualización para o antivirus...) e din que o novo Windows 7 vai ser mais seguro. Esto recórdame a unha antiga entrada do blog en relación ás "superiores" capacidades do IE8 respecto de outros navegadores (deben ser os mismos "expertos").

Non sei que opinaredes, pero ó meu entender Windows 7 vai ser o SO mais seguro do mercado:

-SEGURO que vai ser barato se o compras novo. E SEGURO que tamén é barato se actualizas dende Vista.

-SEGURO que non che pide un maquinón para rendires medianamente (¿ben?).

-SEGURO que é absolutamente innovador e non vai copiar nada de outros SO's "mais inseguros".

-SEGURO que (a diferencia do resto dos SO's) non lle van entrar virus.

-SEGURO que non vai necesitar milleiros de chorra-actualizacións para ser medianamente estable.

-SEGURO que ten un sevicio tecnico gratuito.

-SEGURO que é 100% compatible con versións anteriores.

-SEGURO que non ten ningún dos fallos do ultimo éxitazo (Microsoft Windows Vista).

-SEGURO que non ven preinstalado obrigatoriamente en ningún equipo de ningunha marca (non se pode ser "lider" desa maneira, ho!).

-SEGURO que se o desinstalas do teu computador non perde-la garantía (nin desta tampouco, que me estás contando!).

Estas son as (primeiras) dez razóns que se me ocorren para facer de Windows 7 ó abandeirado da seguridade nos SO´s!!!

Espero unhas cantas mais. Saudos!!!

 

 



Voltar o Páxina Principal

Comentarios


carlos
(setembro 21, 2009)

- SEGURO que ainda que non o digan segue dependendo de MS-DOS ;-) - SEGURO que vai ser máis rapido que GNU/Linux e xa non digamos BSD e derivados - SEGURO que dentro de mais ou menos 55 anos o seu navegador estará o 10% do que hoxe e Firefox e similares - SEGURO que tes algún coñecido que di que é unha pasada....

Pikuelo
(setembro 22, 2009)

Ha,ha,ha... a última é moi boa, non me lembraba do "...pois a min Vista vaime de puta madre....". Ilusos, se coñecerades Aptitude a vosa vida xamáis volvería ser a mesma!!!




Deixa un Comentario

O contido deste campo mantense en privado e non se mostrará publicamente.

( Respeta as Maisculas da imaxe. )
ENLACES


CATEGORIAS

Made with Django.