ECHEOQUEHAI
INICIO | ARQUIVO | TWEETS | ESTATÍSTICAS | RSS | ADMIN
blog
\ Cousas de Pikuelo \ Música
Comentarios1 COMENTARIOS

I Nordestazo Rock 2009

pikuelo o 13 de XUL do 2009



A Asociación Cultural Tralla organiza un concerto (concertazo!) de rock en Malpica.

Despois duns anos de inactividade, volve A Tralla con mais forza e xuventude que nunca!!!

Actuarán os grupos Ulträqäns, Los Justicieros, Os Tres Trebóns e Sonotones.

NORDESTAZO 2009

¿Onde? No porto de Malpica.

¿Que día? 18 de Xullo.

¿A que hora? Ás 21:30.

¿Canto custa? De balde!!!

Pero podedes pasarvos antes a disfrutar de Malpica, praiuqui, terraciñas e unha sesión de tarde, no sitio dos concertos: "Lume na Cachela"

Para que non vos pillen despistados, aquí vos deixo a primeira edición do Diccionario Malpicán-Galego e o periódico A Voz da Tralla, onde encontraredes información sobre a Asociación Cultural Tralla, os concertos, os grupos, etc. Tamén está á venda o fanzine: comprandoo podes pasar un bo anaco culturizándote (canto fai que non lees nada, ho?) e ademáis axudas a que esta non sexa a primeira e última edición do Nordestazo Rock. Así que a rascar un pouquiño os petos, eh???

Tralla material na beira do mar!!!

 



Voltar o Páxina Principal

Comentarios


carlos
(xuño 23, 2009)

Boísimo o diccionario Malpicán jjejejejejeejejej




Deixa un Comentario

O contido deste campo mantense en privado e non se mostrará publicamente.

( Respeta as Maisculas da imaxe. )
ENLACES


CATEGORIAS

Made with Django.