ECHEOQUEHAI
INICIO | ARQUIVO | TWEETS | ESTATÍSTICAS | RSS | ADMIN
blog
\ Cousas de Pikuelo \ PSP
Sen Comentarios SEN COMENTARIOS

PSP: CF 5.00 M33-3

pikuelo o 27 de OUT do 2008



 

PSP: CF 5.00 M33-3

Xa está dispoñible o CF 5.00 M33-3 (Dark_Alex) para a PSP. Pódese actualizar dende un CF 3.52 m33-4 ou superior. Para instalalo, somentes hai que descargar o arquivo (en .rar, inclúe o CF 5.00 (chamada 500.PBP) e a update 5.00 M33-3 (chamada EBOOT.PBP)), e descomprimir a carpeta /UPDATE no directorio /PSP/GAME/ da tarxeta de memoria da PSP, e executa-la update como un xogo. ¡¡¡Ollo!!! Compre ter suficiente batería (mellor chea) ou ter a PSP conectada á rede co adaptador, e desconectar os plugins que poidades ter instalados.

 

Presenta melloras con respecto a CF anteriores:

 

- Corrixidos varios errores de CF anteriores.
- PS Store: A tenda de pago de Play Station xa é accesible dende a PSP e poderase comprar e descargar contidos gratuitos.
- USB Automático: Ó conectar un cable USB a PSP conectarase automaticamente sin necesidade de elixi-la opción de “Modo USB”.
- Teclado en Pantalla : Engadiuse a pantalla completa do teclado, para que sexa mais doada a escritura mentras se navega pola web.
- Sleep timer: Mientras se escoita música poderás configurar un tempo determinado para que a PSP se apague soa.
- Saida de Video : A saida de video da PSP Slim permitirá reproducir os xogos de PSX no tamaño completo na pantalla da televisión e ademáis soporta modo entrelazado.

 

Tamén poño a vosa disposición un plugin (FUSA), tamén do Dark_Alex para xogar coa PSP en calqueira tele a pantalla completa (en teoría vai incluido no CF 5.00 M33-2) pero se o queredes probar antes, podedes descargárvolo (ven cunha completa guía de instalación, configuración e uso, así que non me extendo máis).

 

Mais información en TODO PSP (gracias polos tutoriais).

 

Como vos podedes imaxinar, non me fago responsable (nin eu nin por descontado o resto do equipo do blog) dos problemas que vos poidan pasar “xogando” co firmware das vosas PSP, e recordarvos que o instalación deste firmware non está debería estar destinada ó seu uso con sofware pirata, e que de caso de instalalo perderíade-la garantía do aparello que vos ofrece Sony.



Voltar o Páxina Principal

Sen Comentarios.




Deixa un Comentario

O contido deste campo mantense en privado e non se mostrará publicamente.

( Respeta as Maisculas da imaxe. )
ENLACES


CATEGORIAS

Made with Django.