Esta vez imos tocar un tema bastante extraño, reconozoo.
The Rock-afire Explosion trátase dunha banda de animatronics (semellantes a robots, pero sen "autonomía") que eran a atracción principal dunha cadena de pizzerías dos USA, Showbiz Pizza Place, entre os anos 1980 e 1991, e que causaban verdadeiro furor nestes locales "tocando" e "cantando" medleys de clásicos do rock, pop e country, ademáis de cancións "de seu".
A finales do 2008 estreouse o documental "The Rock-afire Explosion", no que falan das suas vivencias o creador desta banda e diversos fans que manteñen viva a memoria desta banda. Aquí vos deixo trailer da película (en inglés):
Cando o show quedou cancelado, conservaronse en unhs cuantos sitios, e a través de fans que conseguiron restaurar e reprogramar os animatronics podemos disfrutar de novos temas a través de youtube. Como exemplo, a escenificación de "Love in this Club" de Usher, que espero que vos guste: